O Circuíto de Carreiras Populares coroa aos campións da súa cuarta edición

Pontevedra
24 de decembro 2016

O Teatro Principal acolleu a entrega de premios do IV Circuíto de Carreiras Populares de Pontevedra, na que se coroaron Iván Docampo e Leticia Fernñandez como vencedores absolutos

Premiados no IV Circuito de Carreiras Populares de Pontevedra
Premiados no IV Circuito de Carreiras Populares de Pontevedra / PontevedraViva

O Teatro Principal acolleu este sábado 24 de decembro a entrega de premios do IV Circuíto de Carreiras Populares de Pontevedra, acto que pecha o calendario atlético do ano a falta da popular San Silvestre.

Ata alí achegáronse os gañadores, masculinos e femininos, de cada unha das categorías.

Iván Docampo e Leticia Fernández foron os vencedores absolutos tras a disputa das carreiras de San Brais, Monte Porreiro, Campañó, PonteNoite, Santiaguiño e o Medio Maratón de Pontevedra.

Os campións por categorías foron:

  • Promesa: Amadeo Abal e Andrea Baúlo.
  • Senior: Iván Docampo e Leticia Fernández.
  • Veteranos 1: José Alberto Bastos e Nuria Santiago.
  • Veteranos 2: Abel Barros e María del Pilar López.
  • Veteranos 3: Francisco Pazos e Ángeles Iglesias.
  • Veteranos 4: Javier Chamosa e María Jesús Abilleira.
  • Veteranos 5: Manuel Suárez e Celina Rodríguez.
  • Veteranos 6: José Manuel Rodríguez.
  • Veteranos 7: Agapito Corredoira.
  • Absoluta: Iván Docampo e Leticia Fernández.
  • Compensada: Javier Chamosa e Leticia Fernández.
  • Equipos: Run Galicia Team 2016.

 

Consulta aquí as clasificacións completas do IV Circuíto de Carreiras Populares de Pontevedra.