O Cisne acaba coa resistencia do Handbol Mallorca na segunda metade (30-23)

Pontevedra
06 de decembro 2023

O conxunto pontevedrés recupera o aire tras a derrota da fin de semana en Eivissa e consolídase nos postos de play-off de ascenso á División de Honra Prata

Partido de liga entre Cisne e Alcobendas no Municipal
Partido de liga entre Cisne e Alcobendas no Municipal / Cristina Saiz

Traballada vitoria do Club Cisne Balonmán este mércores 6 de decembro nunha nova xornada da División de Honra Prata, moito máis suada do que reflicte o marcador final de 30-23, conseguindo dous puntos cos que recuperar aire tras a súa derrota da fin de semana en Eivissa e consolidándose con 15 puntos en postos de play-off de ascenso.

Foi un duelo a disputada fronte ao Handbol Mallorca no Pavillón Municipal dos Deportes que se terminou decidindo por desgaste, nunha gran segunda metade cisneísta.

Antes, o Mallorca saíra respondón, gozando de vantaxes mínimas nos minutos iniciais e non desesperando cando o Cisne tentaba romper o marcador (9-7) aos 15 minutos. De feito a igualdade era máxima ao descanso cun 13-13 que debaja todo por resolver.

O cadro balear empezou o segundo acto con dous tantos consecutivos que lle daban a súa máxima vantaxe no partido (13-15), pero os locais aproveitaban unha exclusión de Fede Jiménez para cun parcial de 3-0 volver tomar o control do partido (16-15).

O Mallorca aguantou o tirón ata o minuto 40 (17-17) pero o cansazo empezou a facer efecto nos seus homes importantes notando a menor rotación que presentaban en Pontevedra, e os de Jabato empezaron a partir dese momento para decantar o partido ao seu favor cun tirón (22-18) ao que xa non puideron responder os visitantes.

Unha vez aberta a brecha, o Cisne controlou co marcador a favor para non ver perigar a vitoria, sentenciando cuns bos minutos finais nos que anotou o últimos catro goles.

Carlos Pombo e Mateo Arias destacaron en labores ofensivos con 8 goles cada un sendo os máximos anotadores do encontro.

Con este resultado o equipo pontevedrés colócase na quinta posición con 15 puntos, e con tres de vantaxe sobre o primeiro equipo que non tería dereito a xogar o play-off.

Consulta a acta do partido na páxina web da Real Federación Española de Balonmán.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora