O Cisne aguanta ata o descanso pero acaba claudicando en Valladolid (32-27)

Pontevedra
27 de febreiro 2016

Os pontevedreses plantaron cara na súa cancha a un dos favoritos ao ascenso nun notable partido, pero terminaron cedendo na segunda metade ante o poderío local

Edín Covelo durante o partido entre Cisne e Alcobendas
Edín Covelo durante o partido entre Cisne e Alcobendas / Diego Torrado

Bo partido do Cisne na cancha dun dos favoritos ao ascenso á máxima categoría, o Atlético Valladolid (32-27).

Os pontevedreses plantaron cara ao poderoso equipo castelán, pero terminaron cedendo na segunda metade despois dun gran inicio, no que chegaron a dominar por 3-6.

O arranque do Cisne obrigou ao adestrador local, Ignacio González, a pedir tempo morto, e deu resultado porque pronto igualaron o electrónico para continuar cunha disputada primeira metade.

Con empate chegouse á última acción da primeira metade, pero unha exclusión de Miguel Simón e o posterior gol de David Fernández permitián ao Valladolid marchar ao descanso en vantaxe (16-15).

A acción resultaría decisiva, porque aproveitando a superioridade numérica os valisoletanos abriron unha brecha no marcador nos dous primeiros minutos do segundo tempo (18-15) que xa non permitirían remontar.

Non desconectaron os de Edín Covelo, que tentaron meterse de novo no partido (22-20), pero os locais sacaron a relucir o seu poderío para ampliar a súa renda e sentenciar o choque no último tramo do partido.

A derrota deixa ao Cisne na décimo quinta praza da División de Honra Prata con 10 puntos.

Consulta aquí o acta do partido.