O Cisne prescinde de Edín Covelo na busca dun "revulsivo"

Pontevedra
01 de marzo 2016

O ata agora segundo adestrador do equipo, Nano, faise cargo do equipo ata final de tempada co obxectivo de tentar lograr a permanencia na División de Honra Prata

Edín Covelo durante o partido entre Cisne e Zarautz
Edín Covelo durante o partido entre Cisne e Zarautz / Diego Torrado

Cambio de rumbo no Club Cisne Balonmano tras os últimos resultados que colocaron ao equipo nunha delicada situación na clasificación.

A directiva presidida por Santiago Picallo decidiu prescindir do adestrador do equipo, Edín Covelo, ao considerar que "un cambio puede suponer un revulsivo en busca de la permanencia", sinalou o dirixente.

Santiago Picallo: "Consideramos que un cambio puede suponer un revulsivo"

Aínda que a decisión tomouse o pasado venres tras falar co técnico, co que o club ascendeu a pasada campaña a División de Honra Prata, a substitución non se fixo efectiva ata esta semana, despois da viaxe a Valladolid.

Picallo recoñece que "el equipo está jugando bien" e que o cambio de adestrador "puede no salir bien", pero a pesar diso confía en que teña un efecto positivo no plantel. 

O ata agora segundo adestrador do equipo, Nano, farase cargo do banco cineísta ata final de tempada co claro obxectivo de conseguir a permanencia na división de prata do balonmán nacional.

A falta de oito partidos para que termine a liga, o Cisne ocupa o décimo quinto posto, penúltimo, con 10 puntos.