O Cisne cae ante un Novás que non deu un só respiro

Pontevedra
06 de outubro 2018

Os pontevedreses mantivéronse firmes no ataque, pero unha defensa inestable por momentos e a forza dos do Rosal quitáronlles os dous puntos das mans

Partido da Copa do Rei entre o Club Cisne Balonmán e o BM Nava no CGTD
Partido da Copa do Rei entre o Club Cisne Balonmán e o BM Nava no CGTD / Diego Torrado

Tentouno, pero non o conseguiu o Cisne ante o Atlético Novás no Rosal. Empezaron o encontro moi serios os pontevedreses, sobre todo nas accións ofensivas aproveitando e materializando practicamente cada ataque. Con todo, foron as defensivas as que máis penalizaron ao equipo visitante. Isto, sumado á gran intensidade dos de casa, un público totalmente entregado e a efectividade de xogadores moi veteranos como Iago Muíña e Kevin García, fixo que ao Cisne se lle fixese moi costa arriba o partido.

Con todo, ata o minuto 28 da primeira metade, a igualdade foi a tónica dun encontro que se viu afectado por unha acción dubidosa, onde Andrés Sánchez, xogador moi importante para os de Jabato, foi expulsado.

Non axudou tampouco, que a falta de 30 segundos para o final da primeira parte, o Cisne non só desaproveitase a oportunidade de achegarse no marcador, senón que ademais encaixou un gol que lle fixo irse ao descanso cunha complicada diferenza de cinco goles.

A segunda parte foi a confirmación de que o Novás quixo demostrar que esta categoría non queda grande, e se é no primeiro derbi do ano, mellor. Un exemplo disto, e algo moi significativo, foi a dificultade que chegou a mostrar o equipo pontevedrés en anotar. (ata case 5 minutos).

E practicamente neste momento acabouse o partido. Si ben é certo que os árbitros non tiveron a súa mellor tarde, o Cisne foi incapaz de remontar, chegando a estar 11 goles por detrás no marcador e acabando cun duro resultado (41-31).

A pesar disto, non todo foi negro nol encontro. Jabato está a dar minutos aos máis novos en momentos importantes, cousa que ao longo do ano e, sobre todo, para as próximas tempadas, vai ser imprescindible para poder afianzar un equipo de futuro.