O Cisne confirma a fichaxe de Ángel Iglesias tras desvincularse do Teucro

Pontevedra
18 de xaneiro 2021

O extremo, que a primeira metade da tempada defendeu o Teucro na División de Honra Prata, xogará no Cisne ata final de tempada co obxectivo de conseguir a permanencia na Liga Asobal

Ángel Iglesias, no partido entre o Teucro e o Sporting Alicante no Pavillón Municipal de Pontevedra
Ángel Iglesias, no partido entre o Teucro e o Sporting Alicante no Pavillón Municipal de Pontevedra / Cristina Saiz

Todo apuntaba a iso cando se confirmou hai só uns días a súa desvinculación da Sociedad Deportiva Teucro, pero este luns fíxose oficial.

Ángel Iglesias é novo xogador do Dicsa Modular Cisne, tras chegar a un acordo co club pontevedrés ata final de tempada.

O extremo achegará así a súa experiencia na Liga Asobal para tentar lograr a permanencia na máxima categoría, tras defender os primeiros meses da tempada a elástica do Teucro na División de Honra Prata. Iglesias regresara ao Teucro para "botar unha man", recoñeceron entón, ao volver a Galicia dende o Sinfín cántabro para completar as súas prácticas universitarias.

Jabato xa ten desta forma ao seu segundo reforzo invernal, tras Oleksander Nekrushet, ao que se suma a volta ás pistas de Gonzalo  Carró tras a súa lesión.

Ángel Iglesias sinalou tras a súa fichaxe o seu agradecemento "tanto a la directiva como al cuerpo técnico la confianza depositada en mí y desde hoy mismo lucharemos y trabajaremos para conseguir el deseado objetivo".