O Club Cisne Balonmán segue construíndo o seu plantel coa que competirá na máxima categoría do balonmán español.
A última incorporación anunciada polo conxunto branco é a do central caboverdiano de 27 anos Gualter Furtado, que vén a España coa esperanza de que o equipo "teña unha boa tempada".
Furtado chega ao Cisne procedente do Artística de Avanca portugués, onde militou as últimas tempadas.
Pero a chegada do central a Pontevedra terá que esperar, xa que, nestes momentos, atópase concentrado coa Selección de Cabo Verde coa que disputará o Campionato de África no mes de xullo.
A incorporación Gualther Furtado súmase ás fichaxes do porteiro Kilian Ramírez e á do adestrador Javier Márquez, ademais da as renovacións de Pablo González, Iván Calvo, Román Arboleya, Alejandro Conde, André de Moura e Mateo Arias.