O Club Cisne Balonmán xa ten a guinda ao pastel para o seu proxecto na Divisióm de Honor Plata.
O club presidido por Santiago Picallo confirmou este martes á súa quinta fichaxe, coa que dá por pechado o plantel.
Trátase de Guillermo Rial, central de 21 anos que xogaban e se formou no Seis do Nadal.
"Incorpórome ao Cisne con moitas ganas e ilusión, coñezo a case todos os xogadores polo que non me custará adaptarme ao equipo. Ademais, xogar en División de Honra Prata é unha grande oportunidade para min e vouna aproveitar ao máximo " sinalou Rial tras coñecerse a súa fichaxe.
O Cisne, que se encontra en plena pretempada, traballa para poñerse a ton co obxectivo de chegar en boa forma ao debut ligueiro do 5 de setembro ante o Balonmano Alcobendas.