Xa logrou vencer ao Zamora, por aquel entón líder, no último partido do ano na casa, e agora quere repetir a xesta ante outro dos galos da categoría.
O Cisne recibe este sábado (18:00 horas) ao Palma del Río, segundo clasificado e un dos máximos aspirantes ao ascenso, no pavillón do Centro Galego de Tecnificación Deportiva.
Os de Jabato poñerán en xogo a súa fortaleza no CGTD, pista na que só cederon tres puntos esta tempada pola derrota ante Barcelona B e o empate ante Alcobendas.
Os pontevedreses están convencidos de poder plantar cara ao cadro andaluz e pelexar por un triunfo que lles mantería na pelexa por entrar no play-off de ascenso á Liga Asobal, ilusión que se gañou pulso o equipo tras a súa notable tempada.
Os colexiados do encontro serán Millán Cazorla e Quintanar Manzano, da delegación territorial catalá.