O Club Cisne Balonmán traballa a contrarreloxo para organizar a viaxe do seu equipo cadete ao sector do Campionato de España.
Ao equipo pontevedrés tocoulle nesta ocasión desprazarse ata Elda, Alacante, para participar nun torneo no que buscará meterse entre os oito mellores equipos do país para disputar a fase final do Nacional.
Ante o longo desprazamento que deberán asumir os xogadores, e o esforzo económico que supoñerá á entidade, o Cisne volveu a recorrer a unha vía de financiamento usado en anos anteriores, a 'Operación quilómetro'.
A través dunha campaña de microfinanciamento o club pontevedrés pide axuda para reunir fondos. Para a iso solicita a seguidores, familiares e simpatizantes que compren quilómetros ao prezo de 2 euros, co obxectivo de reunir ao redor de 4.000 euros (2.000 quilómetros).
As achegas poden materializarse a través da aplicación Cluber.
En Elda o equipo cadete do Cisne medirase do 24 ao 26 de maio co equipo anfitrión, o BM Elda, o BM Guadalajara e o Villa de Aranda.
#CrowdfundingKilometrico | O equipo Cadete desprázase a Elda, Alicante a vindeira fin de semana.
— Club Cisne Balonmano (@ClubCisneBalonm) May 16, 2024
Poñemos en marcha a Operación Kilómetro. Cada 2€ donados son 1 kilómetro que os nosos rapaces poderán recorrer para viaxar ao Campionato de España.
https://t.co/sGir0BeInrpic.twitter.com/qTZrH0KedA