O Cisne segue coas renovacións e asegura un ano máis a Iván Calvo

Pontevedra
11 de xullo 2021

Iván Calvo, que non disputou a maior parte da pasada tempada en Liga Asobal por unha lesión no dedo polgar da man esquerda pola que tivo que ser intervido, asegurou estar "moi contento" de seguir formando parte do Cisne

Iván Calvo nun adestramento do Cisne no Pavillón Municipal dos Deportes
Iván Calvo nun adestramento do Cisne no Pavillón Municipal dos Deportes / Mónica Patxot

O Club Cisne Balonmán segue avanzando coas renovacións para a nova tempada en División Honra Prata. 

A última foi a do pivote defensivo Iván Calvo, que afrontará a súa terceira campaña no equipo pontevedrés.

O de Vigo, que non disputou a maior parte da pasada tempada en Liga  Asobal por unha lesión no dedo polgar da man esquerda pola que tivo que ser intervido, asegurou estar "moi contento" de seguir formando parte do persoal.

Con Iván Calvo xa son seis as pezas confirmadas para o novo proxecto do Cisne, tras as renovacións de Mateo Arias, Javi Vázquez, Preciado e Jorge Villamarín e a fichaxe do portugués Daniel Neves.