O Cisne só aguanta dez minutos en Antequera e cae derrotado por un claro 34-24

Pontevedra
31 de outubro 2015

O cadro local abriu brecha cun parcial de 5-0 aos 10 minutos de xogo e a partir dese momento non pasou apuros: O Cisne estáncase no posto 13 con 3 puntos

Edín Covelo durante o partido entre Cisne e Alcobendas
Edín Covelo durante o partido entre Cisne e Alcobendas / Diego Torrado

Clara derrota do Club Cisne Balonmán na súa visita á cancha do Meridiano Antequera (34-24).

Os pontevedreses só aguantaron o ritmo do seu rival nos 10 primeiros minutos de xogo, pero despois viuse superado por un conxunto local que non pasou excesivos apuros.

Tras un inicio de alternativas, no que os cineístas superaron mesmo unha exclusión de Carlos Pombo para igualar 6-6 (minuto 10), o Antequera subiu o ritmo do choque para escaparse cun parcial de 5-0 que non puido deter Edín Covelo a pesar de solicitar tempo morto.

A partir de entón os locais dominaron con comodidade ampliando a súa renda ao descanso (20-11).

Na segunda metade o Cisne tentouno, pero só conseguiu colocarse momentaneamente a seis tantos (27-21) antes de que o Antequera dese o acelerón final.

Este resultado deixa aos pupilos de Edín Covelo no posto 13 da clasificación con tres puntos.

Consulta aquí a ficha técnica do encontro.