Despois do parón do Nadal regresa a competición á División de Honra Prata e faio cun esixente compromiso para un Cisne á alza.
Os pontevedreses visitan (sábado, 18:30 horas) a pista do terceiro clasificado, o Balonmano Nava, sempre que o clima o permita.
Problemas de condensación no frontón de Nava de la Asunción, sede do equipo, impediron usar as instalacións nos últimos días, polo que en caso de persistir o encontro trasladaríase ao Polideportivo Pedro Delgado de Segovia.
Os de Jabato prepararon a conciencia o seu regreso á competición coa intención de manter a boa inercia coa que pecharon o ano, con tres vitorias consecutivas que lle fixeron recuperar posicións e colocarse sexto clasificado, empatado a puntos cos postos de play- off.
O obxectivo pasa por tentar consolidarse na zona nobre nas dúas xornadas que restan para pechar a primeira volta da liga, primeiro en Nava e unha semana despois recibindo no Municipal á gran revelación da tempada, o Agustinos Alicante.