O Cisne xuvenil, homenaxeado pola Federación Galega de Balonmán

Pontevedra
16 de maio 2018

O equipo pontevedrés, recente bronce no Campionato de España da categoría, foi recibido na sede federativa nun acto que estivo presidido pola secretaria xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, Marta Míguez

Recepción da Federación Galega de Balonmán ao Cisne xuvenil
Recepción da Federación Galega de Balonmán ao Cisne xuvenil

O equipo xuvenil do Club Cisne Balonmano non deixa de recibir recoñecementos tras o seu histórico papel no Campionato de España da categoría.

A medalla de bronce conseguida en Granollers foi motivo de homenaxe no encontro do primeiro equipo no CGTD da pasado fin de semana e agora por parte da Federación Galega de Balonmán.

O organismo reitor do balonmán autonómico ofreceu unha recepción oficial ao conxunto pontevedrés na súa sede de Vigo, xunto ao BM Porriño xuvenil feminino, que tamén subiu ao terceiro chanzo do podio no Nacional.

O acto estivo presidido pola secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, ademais do presidente da Federación, José Luis Pérez Ouro, ou o xefe provincial de Deportes da Xunta de Galicia, Daniel Benavides.