O Club Atletismo Rías Baixas, un trampolín para os seus atletas

Pontevedra
13 de xaneiro 2021

O club pontevedrés presume do seu labor formativo e do paso adiante que deron dous das súas novas promesas, Sergio Coello e David Vicente, ao fichar respectivamente polo Celta de Vigo e o Playas de Castellón

Sergio Coello e David Vicente co adestrador Gonzalo Méndez
Sergio Coello e David Vicente co adestrador Gonzalo Méndez

A formación de persoas e deportistas e a súa promoción. Ese o o obxectivo que o Club Atletismo Rías Baixas defende como principal desde a súa creación.

Por ese motivo a promoción de dúas das súas novas promesas festexouse ao grande no seo da entidade, fiel á súa filosofía.

En concreto os dous primeiros atletas do Rías Baixas en promocionar foron Sergio Coello e David Vicente.

O primeiro deles, tras comezar a súa etapa no club da man de Gonzalo Méndez e seguir despois a súa evolución como  saltador ás ordes de Javier Medrano e Jean Marie Okutu, fichou polo Celta de Vigo co obxectivo de consolidarse entre os mellores do seu  categorúa.

Máis impresionante é o salto de David Vicente, valista de 16 anos que asinou co Playas de Castellón e que se estreou recentemente coas súas novas cores no Trofeo de Reis organizado no Centro Galego de Tecnificación Deportiva.

Son os dous primeiros en promocionar, pero no Rías Baixas esperan que sexan os primeiros de moitos nos próximos anos.