O Club Natación Galaico abre as súas portas

Pontevedra
08 de xuño 2021

Este verán, durante dúas semanas, o club pontevedrés organizará xornadas de portas abertas para dar a coñecer a súa metodoloxía de traballo

Presentación do Club Natación Galaico 2019/2020
Presentación do Club Natación Galaico 2019/2020 / Diego Torrado

Unha das entidades deportivas con maior número de licenzas da cidade, o Club Natación Galaico, busca novos membros para a súa familia.

O club pontevedrés abrirá as súas portas durante o verán para que os máis pequenos proben o seu deporte.

O Galaico anunciou que durante dúas semanas do verán organizará xornadas de portas abertas para ensinar a súa metodoloxía de traballo.

Estas xornadas de proba levarán a cabo do 28 de xuño ao 2 de xullo e do 30 de agosto ao 3 de setembro, con entrada ás 9.30 horas da mañá e saída ás 13.30 horas.

Segundo anuncia o Galaico nestes adestramentos ensinaranse diversos aspectos relacionados coa natación así como o beneficio da actividade física para a saúde.

Para máis información pode contactarse co club no teléfono 986 853 545 ou o correo electrónico [email protected].