A piscina Rosario Dueñas de Ourense foi escenario durante a fin de semana do Campionato Galego de Verán de natación, con protagonismo para o Galaico.
O club pontevedrés sobrepúxose ás importantes baixas no seu conxunto masculino, as de Juan David Hernández, Jacobo Ucha, Nico Luque e Tomás Bouzas, para terminar vencendo na clasificación xeral conxunta sumando 804 puntos, polos 756 do CN Ponteareas e os 684,50 do RCN Vigo.
O equipo feminino do Galaico foi tamén primeiro, mentres que o masculino na clasificación particular terminou cuarto.
A nivel individual cabe destacar a actuación de Antía García, que bateu o récord galego dos 50 libre cun tempo de 26.48, e ademais conseguiu o récord de campionato na 50 bolboreta.
Pola súa banda Alicia Bouzas logrou a mellor marca galega de 16 anos nas 200 costas cunha marca de 2:21.58.
Entre os triunfos resaltan tamén os conseguidos polas remudas de 4x100 libre e 4x50 libre.