Sete nadadores do Galaico, incluídos no Grupo Especial de Seguimento da Federación Galega

Pontevedra
20 de outubro 2021

O club pontevedrés é o que conta con máis deportistas no programa impulsado pola Federación Galega para detectar e tutelar aos novos talentos da natación autonómica

XII Trofeo Promesas do Lérez de natación
XII Trofeo Promesas do Lérez de natación / Diego Torrado

A Federación Galega de Natación publicou a lista de novas promesas da natación autonómica que pasan a estar incluídos no Grupo de Especial Seguimento (GES), o seu programa de detección e tutela de novos talentos.

Na lista o Club Natación Galaico ten especial protagonismo, con ata 7 nadadores, sendo a entidade con maior número de deportistas seguido do CN Ferrol con 5.

O GES, ademais de realizar un seguimento aos deportistas, supón a realización de sesións de adestramento e actividades formativas utilizando a estrutura do Centro Galego de Tecnificación Deportiva. 

Trátase dun programa que está dirixido a nadadores nacidos os anos 2007, 2008 e 2009 na categoría masculina e 2008, 2009 e 2010 na feminina. "Partindo ao redor dos 11-12  añvos, proponse un itinerario que debe servir de referencia para seguir unha  progresió n racional cara á natación de primeiro nivel", explica a Federación.

Os seleccionados no club pontevedrés son: Pedro Barros, Olivier Rocha, Sofía Barros, Gisele Rocha, Alba Castro, Marta Torres e Mara Vidal.