O Natación Galaico estrea a súa tempada de competicións cun terceiro posto no Trofeo Amizade

Pontevedra
02 de novembro 2021

O club pontevedrés desprazouse ata Ponteareas cun equipo moi novo composto por unha trintena de deportistas, entre os que destacou a presenza de Bea Gómez ao ser premiada como a mellor nadadora do campionato

Equipo do Galaico no Trofeo Amizade en Ponteareas
Equipo do Galaico no Trofeo Amizade en Ponteareas / Club Natación Galaico

O Trofeo Amizade foi a primeira cita competitiva da tempada para o Club Natación Galaico.

O club pontevedrés desprazou a un equipo moi novo ata Ponteareas cunha trintena de deportistas dos que a maioría eran de categoría infantil e só 5 o eran de categoría absoluta.

A pesar diso o Galaico concluíu nunha meritoria terceira posición por clubs na clasificación conxunta.

Destacou tamén o papel de Bea Gómez Cortés, ao recibir o Trofeo Concello de Poneatreas como a mellor nadadora do campionato, mentres que Alicia Bouzas e Daniel Sánchez foron terceiros nas categorías feminina e masculina respectivamente.