O Natación Galaico organizará en Pontevedra a Copa de España de Clubs de 2ª División

Pontevedra
23 de novembro 2021

Na competición, que terá lugar os días 22 e 23 de decembro no Complexo Deportivo Rías do Sur de Ponte Muíños, participarán un total de 16 clubs en categoría masculina e outros 16 na feminina

Campionato Galego de Natación Absoluto de Inverno en Ponte Muíños
Campionato Galego de Natación Absoluto de Inverno en Ponte Muíños /

A Real Federación Española de Natación elixiu Pontevedra como sede da Copa de España de Clubs de 2ª División, na que participará tanto en categoría feminina como masculina o Club Natación Galaico.

A entidade pontevedresa será a organizadora dunha competición nacional que terá lugar no Complexo Deportivo Rías  do Sur de Ponte Muíños os días 22 e 23 de decembro.

Trátase dun evento que garante unha alta participación de deportistas, ao reunir a 16 equipos en ambas as dúas categorías, tanto feminina como masculina.

Será unha boa oportunidade para que a entidade pontevedresa loite por recuperar a categoría perdida a pasada campaña co seu equipo feminino, buscando un dos dous primeiros postos que lle permitirían regresar á Primeira División.

Os clubs participantes serán:

  • Categoría feminina: CN Galaico, CN Madrid Moscardó, CD Amaya, EM El Olivar, Cst-Cst Costa Azahar, CDN Inacua Málaga, CD Nados Castellón, RGC Covadonga, CN Ponteareas, CN Mairena Aljarafe, CN Atlètic-Barceloneta, CN Pozuelo, CN La Salle-Palma, CN Lleida, CN Helios, CN Dos Hermanas.
  • Categoría masculina: UCAM CN Fuensanta, CN Helios, CN Lleida, SD Anaitasuna, CN Voltor Balear, CN Palma de Mallorca, Círculo Mercantil, CD Nados Castellón, CD El Valle, EM El Olivar, CN Cartagonova Cartagena, Cst-Cst Costa Azahar, CN Granollers, CN Vinaros, CDN Inacua Málaga, CN Galaico.