O equipo feminino do Galaico consigue na casa o ascenso á Primeira División

Pontevedra
24 de decembro 2021

O conxunto pontevedrés logrou clasificarse entre os oito primeiros equipos da competición, mentres que o masculino, décimo, mantense en segunda división

Equipo de nadadores do Galaico que participan en Pontemuiños na Copa de España de Clubes de Segunda División
Equipo de nadadores do Galaico que participan en Pontemuiños na Copa de España de Clubes de Segunda División / CN Galaico

O Club Natación Galaico está de festa. Tras a celebración na piscina de Pontemuiños da Copa de España de Clubs de Segunda División, o equipo feminino logrou clasificarse entre os oito mellores da competición para conseguir o ansiado ascenso a Primeira División.

O masculino, pola súa banda, mantén a categoría ao finalizar décimo.

O logro adquire categoría de fazaña despois de conseguilo sen a capitá do equipo Bea Gómez, afectada pola covid-19, e cun equipo repleto de nadadoras aínda en idade infantil. Tamén o masculino viuse afectado por baixas importantes como a de Juan David Hernández tamén positivo por coronavirus.

A vitoria nos 50 metros libres de Antía García así como os numerosos terceiros postos conseguidos levaron á escuadra pontevedresa ao salto de categoría. 

O equipo feminino formárono Núria Payola, Antía García, Alicia Bouzas, Nayara Fernández, Nadia de la Fuente, Sofía Baros, Marta Novo, Paula Fariña, Ana Pérez García-Picher e Lara Gómez.

Mentres que o masculino estivo composto por Cristian Fernández, Daniel Sánchez, Cibrán Leal, Tomás Bouzas, Bruno Rey, Nicolás Vázquez, Pedro Barros, Miguel Vázquez, Nicolás Luque, Jacobo Ucha e Pablo Martín.