A piscina olímpica de Rías do Sur en Ponte Muíños acollerá do 3 ao 6 de marzo o Campionato de España Máster de Inverno de Natación.
Trátase do primeiro evento do ano que prevé unha alta participación, xa que por primeira vez tras a irrupción da pandemia desenvolverase coa súa programación completa.
Pontevedra xa acolleu este campionato nacional en catro ocasiones (2008, 2011, 2015 e 2019), a última delas coa presenza de máis de 1.100 deportistas no diferentes grupo de idade.
O Nacional Máster de Inverno disputarase un mes máis tarde do habitual debido á sexta onda da pandemia, aínda que a Real Federación Española de Natación como as autoridades confía en poder organizalo con "total normalidade".
A organización do campionato, na súa 27ª edición, recaerá no Club Natación Galaico pontevedrés.