O Club Natación Galaico se proclama na casa campión galego de clubs

Pontevedra
21 de abril 2015

O club pontevedrés recupera o título galego despois de varios anos e malia a ausencia na fase final da súa nadadora estrela, Bea Gómez Cortés

Equipo do Galaico que se proclamou campión da Liga Galega de Clubs CN Galaico

O Complexo Deportivo Rías do Sur de Pontemuiños foi escenario a pasada fin de semana da final da Liga Galega Absoluta de Clubs, con gran resultado para o Natación Galaico.

A entidade pontevedresa recuperou na casa o título autonómico, que se resistía nas últimas tempadas, tras impoñerse na última xornada.

Fíxoo ademais sobrepoñéndose á ausencia da súa mellor nadadora, a olímpica Bea Gómez Cortés, concentrada co equipo nacional en Tenerife para preparar o próximo Campionato do Mundo.

O Galaico finalizou en primeiro lugar con 701 puntos, seguido de Pabellón Ourense (620) e Cidade de Santiago (544).

A fase final reuniu os seis mellores clubs de Galicia, coa presenza tamén de Club del Mar San Amaro (510), Natación Ferrol (479) e Natación Coruña (419), descendendo estes dous últimos á Primeira División.

Por parte do club pontevedrés participaron un total de 26 nadadores nas diferentes probas.