O CN Galaico é campión galego absoluto

Pontevedra
03 de xaneiro 2020

Os nadadores do equipo pontevedrés conseguiron 32 metais no campionato autonómico celebrado na piscina do Complexo Deportivo Rías do Sur na última fin de semana do 2019

Os nadadores do CN Galaico celebran o título de campión galego absoluto 2019
Os nadadores do CN Galaico celebran o título de campión galego absoluto 2019 / CN Galaico

O Club Natación Galaico é campión galego absoluto. O conxunto pontevedrés foi o claro dominador nas tres xornadas do campionato celebrado a pasada fin de semana na piscina do Complexo Deportivo Rías do Sur de Pontevedra e acabaron no máis alto do podio nas categorías masculina, feminina e xeral.

Dos 32 metais conseguidos, 18 deles foron de ouro, por 8 de prata e outros 6 de bronce. No ranking, o segundo posto foi para o Club do Mar e o CN Ponteareas. 

Así mesmo, o trofeo Paula Carballido ás mellores marcas individuais recaeron en Gaspar Andrade ( CN Liceo) e María Vilas ( CN Galaico).