Toda unha vida adicada ao deporte e á recuperación de deportistas converteulle nunha personalidade non só a nivel local, senón tamén nacional e internacional.
O pontevedrés José Luis Torrado 'O Bruxo' recibirá o vindeiro sábado 12 de xaneiro unha homenaxe por parte do Comité Olímpico Español (COE).
O acto, que se celebrará ás 13:00 horas no Teatro Principal, estará presidido polo presidente do COE, Alejandro Blanco.
Torrado, recoñecido en 2017 polo Comité Olímpico Mexicano, debutou no país americano nunha cita olímpica no 1968 como preparador do equipo nacional español de atletismo, sendo aquel o primeiro dos cinco Xogos Olímpicos nos que participou activamente.
O Bruxo tivo ademais a honra de ser un dos relevistas do facho de Barcelona 92.