O Concello celebra o "mellor resultado do Monte Porreiro na súa historia"

Pontevedra
17 de xuño 2021

O equipo pontevedrés foi obxecto dunha recepción oficial no Concello tras colgarse a medalla de bronce esta semana na Copa do Rei

Recepción municipal ao Tenis de Mesa Monte Porreiro pola súa medalla de bronce na Copa do Rei
Recepción municipal ao Tenis de Mesa Monte Porreiro pola súa medalla de bronce na Copa do Rei / Mónica Patxot

A medalla de bronce conseguida polo equipo masculino do Tenis de Mesa Monte Porreiro na Copa do Rei celebrada esta semana en Antequera "é o mellor resultado do Monte Porreiro na súa historia", recoñece o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores, pero "seguirán moitos máis porque cando hai un bo equipo de xente traballando e unha base potente detrás os resultados acaban chegando".

Así o defendeu o rexedor da capital na recepción ofrecida polo Concello ao club deportivo nunha tempada na que lograron tamén a permanencia na Supervisión Masculina e na que disputaron a fase de ascenso á máxima categoría feminina.

"Isto é un recoñecemento público para que a xente saiba que temos un equipo que compite con garantías en categorías estatais e nos sentimos orgullosos", defendeu Lores recoñecendo que "hai moito traballo detrás de todo esto, pero o que me gusta máis é que hai nenos e nenas que están aprendendo a xogar".

Ao seu lado, o edil de Deportes, Tino Fernández, engadiu "o tenis de mesa vén crecendo en Pontevedra a aportando valor dende hai anos, cada ano máis".

Ambos os dous lembraron tamén o compromiso da administración local para dotar o club e á cidade dunha instalación propia para a práctica do tenis de mesa, un aspecto no que "estamos  traballando", sinalaron.