O Consello Superior de Deportes entrega a David Cal a Gran Cruz da Real Orde do Mérito Deportivo

Pontevedra
27 de febreiro 2020

Trátase da máxima distinción que se outorga a un deportista en España, que lle foi concedida no ano 2015 trala súa retirada pero que aínda non estaba no seu poder

David Cal recibe a Gran Cruz da Real Orde do Mérito Deportivo
David Cal recibe a Gran Cruz da Real Orde do Mérito Deportivo / CSD

David Cal ten ao fin no seu poder a Gran Cruz da Real Orde do Mérito Deportivo.

Trátase da maior distinción que pode recibir un deportista en España, que lle foi concedida no ano 2015 tras a súa retirada da competición, tal e como aprobou no seu momento o Consello de Ministros a través dun Real Decreto.

A presidenta do Consello Superior de Deportes (CSD), Irene Lozano, foi a encargada de entregar a distinción ao xa ex-piragüista.

A responsable do CSD sinalou que sobre o acto que "es un honor para mi hacer entrega de la Gran Cruz de la Real Orden del Mérito Deportivo a David Cal, que tantos y tan buenos momentos ha regalado al deporte español y a nosotros, sus espectadores".

Cal retirouse da competición tras gañar ao longo da súa carreira deportiva unha medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de Atenas 2004 e catro medallas de prata (unha en 2004, dúas 2008 e outra en 2012). Ademais foi abanderado de España nos Xogos de Pequín 2008.