O primeiro derbi da tempada entre Club Baloncesto Arxil e AD Cortegada caeu ao lado das de Vilagarcía.
O conxunto arousán mostrouse máis acertado no encontro correspondente á fase previa da Copa Galicia disputado este xoves no pavillón do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra (53-69).
Era o primeiro test da pretempada para as locais, que contaban con baixas importantes como a da estadounidense Heather Forster, Margarita Moreira e Cristina Díaz-Pache. Pola súa banda o Cortegada estreouse o pasado día 5 cunha axustada derrota na cancha do Maristas.
Tras un duelo do que poucas conclusións se poden sacar aínda dado o momento de preparación, a Copa Galicia continúa o seu curso nunha fase previa con tres xornadas que aínda deben completarse cun duelo para o Cortegada fronte ao Rosalía na casa e para o Arxil con dúas citas máis, o domingo 12 de setembro na cancha do Maristas e o martes 14 no CGTD recibindo o Rosalía.