O Covadonga, un equipo modesto pero "temible a nivel ofensivo"

Pontevedra
01 de maio 2021

O Pontevedra Club de Fútbol afronta esta fin de semana o inicio da segunda volta da fase final pola permanencia en Segunda División B. O seu rival, o Covadonga, un equipo modesto pero "temible a nivel ofensivo" que "só mira acara adiante", afirma Luisito

Partido de liga entre Pontevedra e Covadonga en Pasarón
Partido de liga entre Pontevedra e Covadonga en Pasarón / Cristina Saiz

O Pontevedra Club de Fútbol afronta esta fin de semana o inicio da segunda volta da fase final pola permanencia en Segunda División B. O seu rival, o Covadonga, un equipo modesto pero "temible a nivel ofensivo" que "só mira acara adiante", afirma Luisito.

Un problema que se suma á falta de gol dos granates, que cambian a un escenario de herba artificial onde terán que "defender moi ben" porque "son moi traicioneiros". "Temos que estar ao 200 por cen senón imos sufrir. Atacan continuamente con seis futbolistas, fan as cousas a nivel ofensivo moi ben, con xogadores que teñen gol", asegura o de Teo.

De feito, o que ten claro o técnico do Pontevedra é que ao seu equipo non lle vale outra cousa que gañar, "é o obxectivo único". Gañar e manter a portería a cero. "Como non lle defendas ben non tes posiblidade", afirma. Algo que considera "difícil", xa que o Covadonga "un paso atrás non dá, vai todo para arriba. Acumulan moita xente no bordo da área con moita calidade individual".

A pesar diso, é un club que sofre moito a nivel defensivo e leva ás súas costas 46 goles en contra, hándicap que tentará aproveitar o equipo granate para deixar atrás a seca goleadora que os está penalizando.