O deporte, ferramenta poderosa para favorecer a inclusión de persoas con discapacidade

Pontevedra
16 de xuño 2018

A Avenida Montero Ríos converteuse, por terceiro ano consecutivo, no lugar escollido pola asociación Amizade para celebrar a súa Xornada Multideportiva Adaptada, coa que busca sensibilizar á cidadanía sobre a importancia da inclusión social para as persoas que sofren algún tipo de discapacidade 

III Xornada Multideportiva Adaptada
III Xornada Multideportiva Adaptada / Mónica Patxot

A Asociación Amizade converteu por terceiro ano consecutivo a céntrica Avenida Montero Ríos nunha gran pista deportiva como poderosa arma de inclusión e  visibilización.

Durante a mañá do venres e tamén deste sábado organizouse a III Xornada Multideportiva Adaptada, pensada para que calquera persoa interesada (con ou sen discapacidade).

O obxectivo da iniciativa pasa por sensibilizar á cidadanía sobre a importancia da inclusión social para as persoas que sofren algún tipo de discapacidade e mostrar as dificultades coas que se atopan no seu día a día, loitando pola normalización na vida deste colectivo.

Baloncesto, tenis de mesa, tiro con arco, bádminton, boccia, slálom e outras moitas modalidades deportivas contaron co seu espazo, xestionado pola Fundación También, ofrecendo a posibilidade ademais de coñecer o material deportivo adaptado.

Durante a xornada do venres, de 10:00 a 14:00 horas, participaron nas actividades 150 nenos e nenas de diferentes escolas da cidade, mentres que o sábado estaba prevista participación á súa vez dun centenar de persoas das asociacións de COGAMI, ademais dun concerto ás 12:00 horas do cantautor Tomás  Outsider.