O Pontevedra xa ten ao reforzo que quería para a súa dianteira, unha vez confirmada a marcha de Jorge Rodríguez.
Trátase de Borjas Martín, un futbolista canario de 28 anos que procede do Atlético Astorga.
Tras pasar por varios equipos das illas en Terceira División, sendo o último deles o Mensajero, Borjas participou a pasada campaña co Astorga en Segunda B anotando 13 goles en liga.
A cuarta fichaxe do Pontevedra será presentada este venres no Estadio Municipal de Pasarón antes de poñerse ás ordes de Luisito.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.