O dianteiro Grego incorpórase ao Arosa como cedido ata o inicio da liga en Preferente

O Salnés
06 de novembro 2020

O futbolista conta con ficha federativa no Céltiga, club co que a entidade arlequinada ha chegado a un acordo para reforzar o seu persoal cunha cláusula de temporalidade que pode alongarse no tempo se finalmente termina aprazándose de novo o inicio en Preferente

Presentación de Grego como novo xogador do Arosa
Presentación de Grego como novo xogador do Arosa / Arosa SC

Rafa Sáez poderá contar cun reforzo máis no Arosa, un efectivo para a parcela ofensiva tal e como era a súa intención en pretemporada.

Será de momento unha incorporación temporal, pero que podería alongarse e mesmo converterse en definitiva se se aplaza o inicio da liga en Preferente.

Trátase de Grego, dianteiro de 24 anos saído das súas categorías inferiores pero que conta con ficha federativa no Céltiga de Preferente.

O acordo, previa autorización co club da Illa, pechouse precisamente cunha cláusula que ocasionaría o seu regreso ao Céltiga no momento no que se decida retomar a competición en Preferente, unha categoría que debería dar comezo o  próxiumo día 29 segundo os plans da Real Federación Galega de Fútbol pero que na práctica atópase nun limbo debido á situación sanitaria.

O dianteiro afrontará desta forma a súa segunda etapa no primeiro equipo do Arosa,  econ a que competiu tempada e media antes de saír do club no inverno na tempada 15/16.