Un ano máis o equipo masculino de cros curto da Gimnástica logrou manter a súa hexemonía autonómica ao proclamarse campión galego.
Fíxoo na Baña, escenario do Campionato Galego de Cros Curto por equipos, así como o cadete e xuvenil individual e por equipos.
Manuel Hurtado venceu a proba con 12:32, e seguíronlle Rubén Diz en sexta posición con 13:00, Iván Docampo, Carlos Porto e Adrián Lago en oitava, novena e décima posición, respectivamente, cuns tempos de 13:04, 13:04 e 13:06.
Na categoría feminina absoluta o club pontevedrés contou coa axuda da triatleta Camila Alonso, que finalizou na segunda posición absoluta, cun tempo de 14:43.
Por outra banda nas categorías menores lograron dous quintos postos, tanto na categoría xuvenil masculina como na cadete feminina, e a pesar de non clasificar para o total, na categoría xuvenil feminina tamén houbo participación de atletas da Gimnástica, sendo Kaoutar Fahmi, con 18:09, a atleta que chegou en mellor posición, décimo sexta.