Do Grupo Deportivo Supermarcados Froiz á máxima categoría do ciclismo profesional, o UCI Prol Tour. É o que lle pode pasar ao galego Martín Bouzas, recente campión de España Sub-23 de contrarreloxo.
As boas actuacións do ciclista do Froiz espertaron o interese dun dos grandes equipos do pelotón internacional, o Trek-Segafredo.
A escuadra estadounidense convocou a Bouzas a unha concentración de novos talentos que se desenvolverá do 8 ao 17 de xullo nos Alpes franceses.
O seu actual director no Froiz, Evaristo Portela, tíñao como un dos homes importantes do seu equipo para a próxima Volta a Zamora, pero non pechou a porta a esta grande oportunidade para o corredor permitíndolle acudir á concentración.