O equipo xuvenil do Pontevedra, a 90 minutos da División de Honra

Pontevedra
07 de xuño 2021

Case un mes despois da data prevista inicialmente, o xuvenil granate prepárase para afrontar a última xornada de liga, na que dependerá de si mesmo para lograr retornar á máxima categoría

Equipo juvenil do Pontevedra CF
Equipo juvenil do Pontevedra CF / Pontevedra Club de Fútbol

Case un mes despois de que a covid paralizase a liguiña de ascenso na Liga Nacional Xuvenil, todo está xa preparado para un desenlace que mantén desde entón en albas o Pontevedra Club de Fútbol.

Disputado a fin de semana o Deportivo B-Coruxo que desencadeou o sucesivo aprazamento da maioría de partidos da xornada decisiva, o cadro granate xa sabe que dependerá de si mesmo na batalla final.

O equipo adestrado por Baptiste e Juan Carlos Argibay chega á última data con 39 puntos ocupando a última praza de ascenso. Cos mesmos puntos está un Coruxo que rascou un meritorio empate ante o filial deportivista, líder do grupo, que non lle é suficiente para adiantar ao Pontevedra, a pesar da incerteza xurdida. Esas dúbidas débense á diferenza de criterio entre as resolucións publicadas no seu momento pola Real Federación Española de Fútbol para os equipos de División de Honra e pola Real Federación Galega de Fútbol para a categoría nacional para supostos desempates. Con todo a situación favorece ao Pontevedra ao disputarse só unha volta na fase final da Liga Nacional, sendo o aspecto clave por tanto o average xeneral e non o particular, que terían perdido co cadro vigués.

Desta forma o Pontevedra estaría a 90 minutos do ascenso, logro que conseguirá se vence o vindeiro domingo 13 de xuño (12.00 horas) no campo Manolo Barreiro da Xunqueira fronte ao Alondras, sexto clasificado con 36 puntos. No caso de non gañar o conxunto granate deberá igualar o resultado que consiga o Coruxo ante o Arosa en Vilagarcía.