O Estadio de San Pedro acollerá a edición máis especial do Torneo Tucho de la Torre

Marín
27 de novembro 2017

A competición benxamín e alevín contará na súa terceira edición, a disputar durante a ponte da Constitución, contará cun cartel de luxo para homenaxear ao  exfutbolista marinense, recentemente falecido

Presentación do III Torneo Internacional Tucho de la Torre
Presentación do III Torneo Internacional Tucho de la Torre / EF Vila de Marín

A terceira edición do Torneo Internacional Tucho de la Torre de fútbol-8 benxamín e alevín contará cun cartel de luxo para homenaxear á figura do ex-xogador marinense, recentemente falecido.

A Escola de Fútbol Vila de Marín ultima os detalles dunha competición que se desenvolverá como de costume durante a ponte da Constitución no Estadio Municipal de San Pedro.

Disputarase en dúas fases, a primeira o mércores 6 de decembro, de onde sairá o campión de cada categoría que obterá o billete para poder xogar a fase final do venres 8 de decembro. Nesta rolda clasificatoria participarán Alondras, Ribadumia, Marcón Atlético, E.D. Arousa, Portero 2000, Santa Mariña, Marín C.F., Arosa, Domaio e a E.F Vila de Marín B. 

Pola súa banda na fase final estarán representadas canteiras de gran prestixio no fútbol nacional. Estes equipos, ademais da anfitrión Vila de Marín serán: Celta de Vigo, F.C. Porto, Deportivo da Coruña, Lugo, Real Valladolid, Pabellón de Ourense e Real Zaragoza.