O "estado de abandono" do pavillón de Salcedo motiva as críticas do PP

Pontevedra
07 de febreiro 2017

Tomás Abeigón criticou a situación desta instalación municipal onde "los vestuarios están sucios, con humedad por todos los lados, azulejos rotos...", e denunciou que a concelleira de Deportes, Anxos Riveiro, "no está asumiendo la responsabilidad que por ley le compete". Levarán o asunto ao Pleno Municipal a través dunha moción

Estado no que se atopa o pavillón de Salcedo
Estado no que se atopa o pavillón de Salcedo / Partido Popular de Pontevedra

O Partido Popular de Pontevedra levará ao Pleno Municipal, a través dunha moción, o mal estado do pavillón de Cabanas, en Salcedo.

Tomás Abeigón criticou en rolda de prensa o estado de conservación da instalación municipal, con deficiencias e nun "estado lamentable de abandono", denuncia o concelleiro popular.

Abeigón defende, por exemplo, que "los vestuarios están sucios, con humedad por todos los lados, azulejos rotos, partes del falso techo levantadas...", ao que se suman gretas na parede do pavillón, falta de espazo para almacenar material, o mal estado da pista, a entrada de auga ou unha porta de emerxencia que se atopa pechada, segundo o edil, o que "nos parece gravísimo".

Ademais o pavillón de Salcedo "carece de personal de acceso y mantenimiento" e a súa limpeza "se realiza una vez a la semana", polo que entende o PP que a concelleira de Deportes, Anxos Riveiro, "no está asumiendo la responsabilidad que por ley le compete".

Chegada a esta situación o Partido Popular solicitará ao Concello que "asuma la gestión" da instalación, a ceda formalmente á SCD Salcedo, usuario habitual cos seus equipos, ou a sace a concurso público para que "cuente con todas las garantías de seguridad, higiene, mantenimiento, funcionalidad y transparencia posible", sinalou Tomás Abeigón.