Abeigón (PP) pide ao Concello que asuma a xestión e mantemento do pavillón de Monte Porreiro

Pontevedra
01 de febreiro 2018

Presentará unha moción ao pleno municipal sumándose ás iniciativas presentadas con anterioridade en relación aos pavillóns de  Salcedo e Monte Carrasco

Tomás Abeigón, concelleiro do Partido Popular en Pontevedra
Tomás Abeigón, concelleiro do Partido Popular en Pontevedra / PontevedraViva

O Partido Popular rexistrou unha moción para o seu debate no pleno municipal na que pide ao goberno local que suma a xestión, limpeza e mantemento do pavillón de deportes de Monte Porreiro ou "se defina legalmente su modelo de gestión"  para terminar co que entende como "numerosas deficiencias" que sofren as instalacións.

Así o explicou en rolda de prensa o concelleiro popular Tomás Abeigón, nunha iniciativa que pretende dar continuidade ás presentadas no seu momento en relación aos pavillóns de Salcedo e Monte Carrasco insistindo no que entenden como "falta de mantemento" das instalacións municipais.

O edil do PP acusou ademais ao Concello "falta de transparencia" preguntándose "¿a dónde va a parar el dinero que se cobra en las instalaciones deportivas municipales?".

Abeigón queixouse de non atopar a que se adica esta recadación tras consultalo no servizo municipal de Tesourería.