O festival de inverno do club In Mare enche A Raña de ximnasia rítmica

Marín
29 de xaneiro 2017

Unhas duascentas ximnastas participaron este sábado nunha nova edición do festival de inverno que organiza o club In Mare, que se celebrou no pavillón marinense da Raña

Festival de inverno de ximnasia rítmica do club In Mare
Festival de inverno de ximnasia rítmica do club In Mare / Diego Torrado

Unhas duascentas ximnastas participaron este sábado nunha nova edición do festival de inverno que organiza o club In Mare, que se celebrou no pavillón marinense da Raña.

No festival participaron ximnastas dos colexios Carballal e a Inmaculada, das escolas deportivas municipais e do club organizador.

Ademais, un grupo de zumba do municipio, composto por unha vintena de mozos bailaríns, foron os invitados a este festival.

Os asistentes puideron gozar de hora e media de actividades, entre elas, coreografías de ximnasia rítmica e a zumba que pechou o festival animando a todo aquel que quixo a bailar con eles.

A directiva do club In Mare destacou ademais a gran cantidade de alimentos non perecedoiros que o público levou ao pavillón a modo de entrada e que serán entregados no comedor benéfico de Marín.