Primeiros movementos do Grupo Deportivo Supermercados Froiz para a tempada ciclista de 2020, e non son uns movementos calquera.
O conxunto alimenticio 'pescou' no pelotón profesional portugués na busca dun salto de calidade que lle permita recuperar o primeiro posto do ranking nacional perdido no último curso.
Estas primeiras fichaxes son os de Marcos Jurado, corredor procedente do Efapel, e do galego Cristian Mota, do Miranda Mortagua.
Jurado, corredor castelán-manchego, afrontará así a súa segunda etapa no Froiz, tras a súa fugaz cesión desde o Lizarte para correr na Volta Galicia 2016 na que gañou unha etapa e quedou segundo na xeral. "Nas súas pernas hai un campionato de España de contrarreloxo (sub-23) e dúas medallas de prata na mesma disciplina en categoría sub-23 e elite de forma consecutiva", sinalan desde o equipo dirixido por Evaristo Portela. Ademais no seu palmarés figuran triunfos no Memorial Pascual Momparler ou o Memorial Lazkano, entre outros.
Pola súa banda Cristian Mota, natural de Ponteareas, é "un ciclista combativo e escalador. Un mozo que achegará moito ao equipo e que esperemos nos de grandes alegrías", explica a escuadra. Mota foi vencedor en 2018 da Vuelta a Castellón.