O Froiz pecha o seu plantel con dúas novas fichaxes

Pontevedra
13 de novembro 2019

Patrick Videira e Bernardo Entrialgo son as dúas últimas incorporacións do equipo ciclista pontevedrés, que en 2020 contará con 18 corredores en plantel

Concentración de pretempada do Froiz 2019
Concentración de pretempada do Froiz 2019 / PontevedraViva

O Grupo Deportivo Supermercados Froiz confirmou as que serán as súas últimas incorporacións para a tempada 2020.

Fíxoo de novo por partida dobre, ao anunciar as fichaxes do portugués Patrick Videira e do asturiano Bernardo Entrialgo.

O primeiro deles, Videira, trátase dun escalador que acumula nos últimos anos resultados destacados como a vitoria na etapa reina da última Volta Galicia.  Procedfe do Fortunna Maia luso e chega ao equipo pontevedrés co obxectivo de "estar presente nos grupos cabeiceros e en situacións decisivas", recoñece o Froiz.

Doutra banda Bernardo Entrialgo é un corredor sub-23, de 21 anos, que procede do Gomur. É "bo rodador, bo gregario e presente tamén na montaña", explican.

Con estas fichaxes, que se unen ás xa anunciadas de Marcos Jurado, Cristian Mota, Nicolás Antorena e Ramón Fernández Cuesta, o equipo ciclista dirixido por Evaristo Portela dá por pechado o seu plantel con 18 ciclistas en nómina.