Dous ciclistas do Super Froiz, Guillermo García e Adrián Barros, a proba cos profesionais

Pontevedra
27 de xaneiro 2020

Os prometedores ciclistas participan na concentración que está a ter lugar en Almuñecar

Os corredores do Super Froiz na concentración de Almuñecar
Os corredores do Super Froiz na concentración de Almuñecar / G.D.SUPERMERCADOS FROIZ

Guillermo García e Adrián Barros, da categoría sub-23 foron seleccionados polo equipo ciclista profesional Burgos- BH para realizar a concentración que está a ter lugar en Almuñecar. Os dous ciclistas pertencentes ao Super Froiz, estanse adestrando cos profesionais e sometendose a distintos tests con vistas a dar o salto a nivel profesional nun ou dous anos.

Desde o club confían que o talento e o bo facer dos ciclistas brindaralles a oportunidade de debutar a nivel profesional e mesmo correr carreiras importantes como La Vuelta a España

Tras a finalización da concentración do Burgos mañá día 28, volverán ás súas casas e terán algo máis de 15 días para descansar, recuperar e adestrar para a concentración do Super Froiz e inicio da competición