O Supermercados Froiz inicia a pretempada cunha xornada de convivencia

Pontevedra
20 de xaneiro 2020

Os corredores galegos do equipo dirixido por Evaristo Portela participaron nunha sesión de adestramento pola zona da Louriña para coñecerse e practicar rutinas de carreira

Primeira sesión de adestramento dos corredores galegos do G. D. Supermercados Froiz
Primeira sesión de adestramento dos corredores galegos do G. D. Supermercados Froiz / G. D. Supermercados Froiz

Primeira xornada de asfalto para o novo pelotón do G. D. Supermercados Froiz para a nova tempada. Dirixidos por Evaristo Portela, os ciclistas galegos que formarán parte da escuadra alimenticia esta campaña sometéronse esta fin de semana a unha sesión de adestramento pola contorna da Louriña. 

Foi unha toma de contacto na que aproveitaron para completar un percorrido rompepiernas cunha subida final de trinta minutos. O dia consistiu na práctica de sprints e rodas de relevos sen maiores pretensións que a de coñecerse e comezar a facer grupo na primeira doutras tres sesións previas á concentración oficial do equipo.

Máis esixente foi o test no que participou o corredor luso do Supermercados Froiz, Iuri Leitao. O recentemente fichado competiu esta fin de semana nos trofeos internacional Bento Pessoa e Alves Barbosa de ciclismo en pista celebrado na localidade portuguesa de Anadía. Participou nas probas de Madison e Omnium, Leitao conseguiu o terceiro posto na carreira dominical de Madison. O sábado foi quinto na mesma disciplina e duodécimo en Omnium.

O corredor luso participará en Canada no copa do mundo do 24 ao 26 de xaneiro