O Froiz roza o triunfo final na Vuelta a Ávila

Pontevedra
21 de agosto 2017

Martín Lestido finalizou sexto na clasificación xeral tras as dúas etapas disputadas, co mesmo tempo que o vencedor da carreira

David González e Martín Lestido durante a Vuelta a Ávila
David González e Martín Lestido durante a Vuelta a Ávila / Grupo Deportivos Supermercados Fróiz

Rozou cos dedos o Grupo Deportivo Supermercados Froiz a vitoria final na Vuelta Ciclista a Ávila.

Volvía á competición o equipo alimenticio, xa na recta final da tempada, e facíao nunha proba de dúas etapas na que tivo opcións ata o final.

Na primeira xornada o Froiz tivo que empregarse a fondo tirando do pelotón en persecución dunha fuga que chegou a ter catro minutos e medio de vantaxe. Foi así ata que a ascensión situada a 10 de meta Martín Lestido atacou xunto a outros nove ciclistas chegando a neutralizar ao escapado a pouco de meta. Lestido finalizou esa etapa sétimo nun sprint que lla levou Aleksander Grigorev do Mutua Levante.

Na segunda xornada pola súa banda os pontevedreses metéronse desde o quilómetros 3 nunha escapada con David González. Por detrá Jesús e Pedro Merino axudaron a Lestido a chegar a cabeza.

O corredor do Froiz chegou a ter 1'40'' de vantaxe sobre o líder, que circulaba no pelotón. Ao final, a fuga non prosperou e todo se decidiu nos últimos 3 quilómetros. A vitoria de etapa foi Gabriel Pons (Escribano), en solitario, chegando a 18 segundos o grupo.

Desta forma Grigorev fíxose coa xeral, con Lestido sexto e o mesmo tempo que o vencedor.