O fútbol pontevedrés celebra os 99 anos de Manolo Barreiro

Pontevedra
16 de abril 2024

O que foi delegado pontevedrés da Real Federación Galega de Fútbol ata a súa retirada en 2011, cando tiña 86 anos, recibiu o agarimo de amigos e personalidades do fútbol local nunha cea celebrada o pasado venres 12 de abril

Manolo Barreiro festexa o seu 99 aniversario PontevedraViva

Hai xa 13 anos que abandonou o seu posto como delegado en Pontevedra da Real Federación Galega de Fútbol, pero o agarimo que se lle garda no fútbol pontevedrés a Manolo Barreiro segue sendo maiúsculo.

Por ese motivo un nutrido grupo de amigos, con representantes sinalados do deporte local, quixeron arroupar a Barreiro no seu 99 aniversario.

O seu aniversario foi o sábado 13 de abril, pero a festa adiantouse un día.

Entre os asistentes estaban nomes de fútbol como Martín Esperanza, Fernando Castro Santos ou Rafa Sáez, entre outros, ademais do que fóra presidente do Consello Superior de Deportes Jesús Hermida.

Manolo Barreiro dedicou máis de media século da súa vida en fomentar o deporte do balompé entre os máis novos, unha labor que foi recoñecida bautizando co seu nome o complexo deportivo municipal da Xunqueira.