O Galaico, dá a talla no primeiro Campionato Galego de Augas Abertas

Pontevedra
20 de setembro 2017

A pesar das ausencias de dúas das súas principais nadadoras nesta especialidade, Paula Goyanes e Águeda Cons, o club pontevedrés encabezou a clasificación feminina da competición celebrada na praia coruñesa de San Amaro

Equipo do Galaico que competiu no Campionato Galego de Augas Abertas
Equipo do Galaico que competiu no Campionato Galego de Augas Abertas / Club Natación Galaico

A praia coruñesa de San Amaro foi escenario a pasada fin de semana da estrea dunha nova competición, o Campionato Galego de Natación en Augas Abertas, con inmellorable resultado para o Galaico.

O club pontevedrés, a pesar de presentarse na cita coa ausencia das súas dúas principais bazas nesta especialidade, como son Paula Goyanes e Águeda Cons, conseguiu encabezar a clasificación por equipos na categoría feminina.

Fíxoo por unha estreita marxe, ao acumular 67 puntos polos 66 do Club do Mar e os 48 do CN Ponteareas, segundo e terceiro respectivamente.

Ademais os mozos fixéronse coa medalla de bronce con 80 puntos, superados por CN Riveira (85 puntos) e Club del Mar (114 puntos)..

O Galaico desprazou ata A Coruña a un equipo composto por 23 nadadores, que se enfrontaron a unha distancia de 5.000 metros no caso dos junior e absolutos, 2.500 metros no caso dos infantís e master e 1.250 metros no dos máis pequenos, os alevíns.