O Galaico retén o título de campión da División de Honra Galega

Pontevedra
24 de abril 2016

O club pontevedrés impúxose na fase final da liga Galega disputada na piscina olímpica de Pontemuiños superando amplamente ao segundo clasificado, o Pabellón Ourense

Fase final Liga Galega Clubs Natación
Fase final Liga Galega Clubs Natación

O Club Natación Galaico logrou reter o título que lle acredita como mellor club galego, o da Liga Galega de División de Honra.

A piscina olímpica de Pontemuiños foi escenario este sábado da fase final da competición, coa presenza de seis clubs e 133 nadadores inscritos.

O Galaico non tivo rival e concluíu a xornada na primeira posición con 477 puntos, cunha ampla vantaxe sobre Pabellón Ourense (331 puntos) e Club del Mar (246 puntos), os outros dous equipos que pelexaban polo título.

Na loita pola permanencia impúxose o CN Arteixo con 404 puntos, seguido de Fluvial de Lugo (385) e Cidade de Santiago (259), club que finalmente perde a categoría.