O gardameta Pablo González, sexta renovación no Cisne

Pontevedra
22 de xuño 2022

O porteiro, de 20 anos, seguirá ligado ao Cisne a próxima tempada, aínda que a súa presenza no plantel de Asobal non está garantida tras a fichaxe de Kilian Ramírez e a probable continuidade de Franzini

Pablo González, nun adestramento do Cisne no Pavillón Municipal dos Deportes Mónica Patxot

O Club Cisne Balonmán apontoa a súa portería.

Tras anunciar a fichaxe de Kilian Ramírez procedente do Teucro, este mércores tocoulle a quenda á renovación de Pablo González.

O gardameta, de 20 anos, seguirá vinculado co club pontevedrés, aínda que a súa presenza no plantel de Asobal non está garantida ante a probable continuidade do brasileiro Roney Franziniy a chegada de  Kilian.

Trátase en todo caso dunha das apostas de futuro do Cisne, que ten depositadas grandes esperanzas en González, internacional en categorías inferiores.

"Dar as grazas á directiva e ao corpo técnico por confiar en min para levar a cabo este proxecto", explicou o propio Pablo tras coñecerse a súa renovación, a sexta no novo proxecto cisneísta tras as de Mateo Arias, Román Arboleya, André Moura, Iván Calvo e Alejandro Conde.