O Comité de Competición da Real Federación Española de Fútbol será o que decida quen pasará de rolda na Copa do Rei, se o Arosa ou o Granada, tras a posible aliñación indebida do conxunto andaluz no duelo que lles enfrontou na Lomba con resultado de 0-3.
Tras coñecer a intención da entidade de Vilagarcía de denunciar a aliñación do porteiro Adri López, con ficha no filial nazarí pero maior de 23 anos, o Granada emitiu un comunicado oficial este venres defendendo a súa postura.
Tamén o Arosa, afirmando que "esta acción supón un exercicio de responsabilidade en defensa dos dereitos e intereses da entidade deportiva, os seus socios, patrocinadores, institucións e todo o que rodea á institución deportiva polo que pode supoñer disputar unha rolda máis da citada competición".
A clave do caso é a catalagoción da Copa do Rei como competición 'non profesional', xa que en Primeira División por exemplo si podería participar coa súa actual ficha ao ser unha liga considerada profesional.
Neste sentido "o Granada Club de Fútbol quere aclarar que a Copa de SM o Rei é unha competición profesional de acordo ao establecido nos artigos 83 e 84 da nova Lei 39/2022, do 30 de decembro, do Deporte, que entrou en vigor o 1 de xaneiro de 2023", defende a entidade de Primeira División.
"Por tanto, a aliñación dun porteiro do equipo dependente menor de 25 anos é correcta. O Granada Club de Fútbol opoñerase á Reclamación de Aliñación Indebida interposta por parte do Arosa Sociedad Cultural, e defenderá os seus dereitos ante todas as instancias", completa no comunicado oficial.
Comunicado Oficial: Primera ronda de la Copa del Rey
— Granada CF (@GranadaCF) November 3, 2023