O Ismai de Portugal vence o Cisne no XXVI Memorial Manuel Luaces (26-35)

Pontevedra
12 de xaneiro 2020

O Centro Galego de Tecnificación Deportiva abriuse este sábado para disputar o encontro entre o Cisne e o Ismai, conxunto de Portugal que compite en Primeira División. Ademais, a tarde completouse cos partidos das categorías inferiores do equipo pontevedrés

XXVI Memorial Luaces entre o Cisne e o Ismai portugués no CGTD
XXVI Memorial Luaces entre o Cisne e o Ismai portugués no CGTD / Diego Torrado

Con motivo da concentración da Selección Española Júnior e o aprazamento da partida fronte ao Alcobendas previsto para esta fin de semana, o Cisne decidiu non cesar a súa actividade e celebrar o XXVI Memorial Manuel Luaces.

O Centro Galego de Tecnificación Deportiva abriuse este sábado para disputar o encontro entre o Cisne e o Ismai, conxunto de Portugal que compite en Primeira División. Ademais, a tarde completouse cos partidos das categorías prebenjamín, benjamín e alevín do equipo pontevedrés.

Con respecto ao encontro do primeiro equipo, este decantouse para os portugueses, que foron claramente superiores e venceron por 26-35 a un Cisne no que destacaron Pablo Gayoso e Daniel Ramos, marcando 7 goles cada un. O resto de tantos do conxunto de Pontevedra anotáronos Daniel Chapela (4), Andrés Sánchez (3), Bruno Vázquez (2), Javi Vázquez (1), Dani López (1) e Pablo Picallo (1).

A pesar do resultado, o duelo serviu aos de Jabato para recuperar sensacións para os dous partidos da próxima semana, ambos ante a súa afección. O primeiro será a aprazada fronte ao Torrelavega (sexto clasificado), que se celebrará o mércores 15, mentres que o segundo será o sábado 18 contra o Bordils (décimotercer clasificado).

En canto ao encontro ante o Alcobendas, xa hai data. Será o mércores 18 de marzo no municipio madrileño.